miércoles, 25 de enero de 2012

5. Vasijas

Dentro das vasijas, atopamos os seguintes instrumentos:
-O cencerro :



É un instrumento que herdado do utilizado co gando. Non é un instrumento afinado, ainda que ao existir diferentes tamaños, danos unha sensación de afinación.
O son que produce o cencerro é estridente e algo tosco, e podemos modificar o seu timbre mediante a percusión cos dedos, ou ben percutindo dentro ou fora do cencerro.
Normalmente fabrícanse en cobre e aceiro e utilizanse disitntos tamaños para conseguir diversos sons dependendo do estilo de música no que sexa utilizado. Pero sexa cal sexa o seu tamaño, o son resultante é sempre indeterminado.
Pódense conseguir catro sons xerais:
-      Son agudo aberto.
-      Son agudo cerrado
-      Son grave aberto
-      Son grave pechado
Para conseguir os sons pechados hai que facer certa presión sobre o instrumento cos dedos índice e corazón. Por outro lado para producir sons abertos non hai que presionar o instrumento. O son grave realizase percutindo o instrumento coa baqueta na parte máis ancha do cencerro. O son agudo conséguese golpeando a baqueta na parte máis estreita.
Os cencerro teñen un papel importante na música latinoamenticana, onde son moi  utilizados. Ademais en certos modelos de batería, o cencerro ten unha participación importante, xa que realiza en certos momentos o ritmo da música.





-A caixa china :



Consiste nun pequeno bloque de madeira  dura, plana , rectangular e valeira. A súa ranura serve como caixa de resonancia. Este instrumento percútese con unha baqueta dura, de madeira ou goma. O son resultante é brillante  e oco.
Existe outro modelo, cilíndrico e de orixe occidental, vacío tamén no seu interior, pero separado no medio por duas ranuras. Este modelo podemolo atopar en dous tonos: alto e baixo, e  frecuentemente chamado como caixa china agogó.









- O temple-bock:


Este instrumento consiste nun bloque  oco de madeira con unha fendidura transversal, a que lle dá maior sonoridade. Para percutilo existe unha grna variedade de baquetas, dende as moi brandas para os sons graves ata as máis duras para os rexistros agudos.
O seu son é redondo e oco, e xeralmente utilizase un xogo de temple-blocks de diferentes alturas .
Estes dous instrumentos pertencen ós tambores de madeira fendida. (temple block e caixa china)

A campá:


A súa  forma é xeralmente de un oco, en forma de platillo, que resoa ao ser golpeado. Este instrumento pode  ter unha lingüeta suspendida  dentro do mesmo, coñecida como badaxo.
Algunhas  campás teñen  o badaxo no seu exterior, normalmente unido a un mecanismo automático. Tamén existen  campás que carecen del, e que se fan resoar mediante un mazo.

As campanillas:



As campanillas  de man son  instrumentos compostos po r unha pequena campá que vai unida a un mango coa que se axita. O seu funcionamento é o mesmo que o das campás.

 
O agogó:



O agogó é una campá simple ou múltiple usada en todo o mundo , moi utilizado nas baterías de samba. Para producir o son deste instrumento hai que percutir con baquetas de madeira nas vocas do agogó.


No hay comentarios:

Publicar un comentario