a) Madeira.
b) Metal.
a) MADEIRA
Dentro das placas de madeira, atopamos os seguintes instrumentos:
- Xilófono
x. contralto
x. baixo
x. soprano
Instrumento musical de percusión formado por unha serie de láminas de madeira de diferentes medidas e ordeadas de forma horizontal a modo de teclas, que se tocan con dúas ou catro baquetas cunha cabeza redonda no extremo.
O xilófono ten un tono máis vivo que a marimba, e as notas sostéñense menos.
Existen tres tipos de xilófonos:
-contralto.
-baixo.
-soprano.
- Marimba
É un instrumento pertencente á familia dos idiófonos percutidos, moi semellante ó xilófono.
Caracterízase por ter unhas láminas de madeira de tamaños diferentes, postas de maior a menor, que se golpean para producir notas musicais. Cada tecla ten a súa propia caixa de resonancia e o conxunto está fixo nun armazón con patas.
A marimba é procedente de Guatemala.
b) METAL
- Metalófono
m. contralto
m. baixo
m. soprano
O seu diseño é similar ao xilófono, aínda que as súas placas están fabricadas con metal. O son producido por estas placas metálicas é de máis duración, polo tanto, a percusión das baquetas ten que ser máis moderada que no xilófono.
Da mesma maneira que co xilófono, temos tres tamaños de metalófonos: contralto, baixo e soprano.
- Carillón
c. contralto
c. soprano
Son instrumentos de láminas máis pequenos que se fabrican con dous rexistros, soprano e contralto. Están formados por unhas finas placas de metal que teñen diferentes lonxitudes, conseguindo así a afinación da escala musical. Percútense coas baquetas de madeira ou de goma.
- Vibráfono
Instrumento musical semellante ao xilófono, pero as láminas son de aleación de aluminio, en lugar de madeira. Estas láminas percútense con baquetas con cabeza de fio, lana o nylon.
O vibráfono é un instrumento de son determinado xa que permite obter notas musicais dunha altura determinada.
(min. 1:50)
- Celesta
Instrumento musical de composición semellante ao piano, pero cuxos golpeadores activados por teclas percuten a placas de metal en lugar de cordas tensas. Estas placas ao ser percutidas provocan unha resonancia sobre unha caixa de madeira destinada a este fin, producindo así un son “celestial”, do cal provén o seu nome.
- Glockenspiel
Instrumento de percusión idiófono que consiste nun xogo de barras metálicas afinadas. Tamén é coñecido por Lira.
O glockenspiel percútese con baquetas de madeira, de metal ou de plástico. Físicamente é semellante a outros instrumentos de percusión de teclado, coma o xilófono, a marimba ou o vibráfono, aínda que estes dous últimos teñen resonadores inferiores por cada tecla.
A súa sonoridade tímbrica é semellante á do triángulo, pero a diferencia de que o glockenspiel é un instrumento de son determinado: é capaz de producir notas dunha altura determinada.
O instrumento que máis se asemella ó glockenspiel e que ao mesmo tempo descende de él é a celesta, ó que nos referimos anteriormente.
O MÉTODO ORFF
O método, ademáis de utilizarse para a ensinanza, tamén se usa en musicoterapia.
Este método consiste nun repertorio no que se introducen os instrumentos de percusión dentro da ensinanza escolar, e fomenta a prosodia, ademáis de utilizar cancións de tradición oral. Nesta obra trabállase cunha escala pentatónica e os sons estúdanse según a secuencia: SOL, MI, LA, DO RE.
Para iniciarse no programa, o alumno empeza interpretando patróns rítmicos sinxelos, ata chegar a interpretar pezas de conxunto cun xilófono, metalófono, glockenspiel e demáis instrumentos de percusión que suelen presentarse en equipos didácticos de distintos niveis para poder usarse por alumnos de diferentes idades.
Instrumentos que pertencen á Escola de Orff
- Carrillón soprano
- Carrillón contralto
- Metalófono soprano
- Metalófono contralto
- Metalófono bajo
- Xilófono soprano
- Xilófono contralto
- Xilófono bajo
- Pandero
- Tambor
- Bongo
- Pandereta
- Bombo
- Timbal
- Claves
- Caja china
- Güiro
- Castañuelas
- Temple block
- triángulo
- Crótalo
- Platillos
- Maracas
- Cascabeles
- Aros de sonajas
O obxectivo principal ao usar estos instrumentos, é conseguir que os alumnos fagan música, sen ter que pasar polo estudo dos instrumentos “tradicionais” ou formais como son a guitarra, o piano, o violín, etc.
O logro de crear música, dalle ó alumno o gusto pola música, seguridade en sí mesmo, e proporciona psicomotricidade ao seu corpo, entre moitas cousas máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario