- Litófono:
O litófono é un instrumento bastante rudimentario construído a base de pedras, tal como di a mesma palabra (lito= pedra, fono= sonido). Na antiga cultura china xa se describen os primeiros instrumentos fabricados con pedras. En Europa, non hai constancia dun instrumento similar ata principios do século XX, cando don Antonio Roca idea e constrúe o primeiro litófono moderno da historia.
Este licenciado en Filosofía e Letras natural de Mahón (Menorca), era un apaixonado da música e disfrutaba do chamado oído absoluto. Paseando polas súas terras, deuse conta que o golpear pedras planas de diferentes medidas e grosores cun pau se producían diferentes sons, e así, nace a idea de ordenar un conxunto de pedras co fin de conseguir una escala de sons musicais completa.
- Gong:
A maioría teñen unha elevación no centro, situando o punto no que se debe de golpear e será o punto de orixe da vibración que xera o son, polo xeral, grave e lúgubre. Non obstante, a pesar de ser un instrumento relativamente grande, ten moitas posibilidades de matices: dende un pianísimo a un fortísimo.
O gong pode estar afinado ou non, polo que, pode xerar tanto sons determinados como indeterminados.
- Platillos:
Os platos, normalmente, son de unha aleación de bronce ou latón, aínda que, os platos utilizados nas orquestras de certo nivel, construídos dunha mezcla de cobre, prata e estaño. Estes platos son idiófonos que se fan soar entrechocándoos o un co outro, ou percutindoos con baquetas. Son un instrumento de son indeterminado, o que significa que as notas non teñen unha altura definida. O tamaño dos platillos inflúe directamente na sonoridade, a maior tamaño ou grosor maior potencia sonora.
Os platillos descenden dos crótalos, a orixe dos cales, data da Idade Antiga. A popularidade dos platillos chegou co Romanticismo, período no que se introducen na orquestra sinfónica dos exóticos instrumentos propios do folclore turco. Ademais dos platillos, chegaron os triángulos, as pandeiretas e outros instrumentos.
Na música contemporánea, comunmente os platillos encóntranse dentro dunha batería de instrumentos de percusión.
- Tam-tam:
Blog de interese
No hay comentarios:
Publicar un comentario