O triángulo é un instrumento percutido de metal, pertencente ó grupo dos idiófonos, porque o son resultante é froito da vibración do metal tras ser golpeado coa baqueta.
O son do triángulo é agudo e de altura indefinida, o que non significa que non xere notas determinadas. O músico pode facer que o son do triángulo sexa aberto ou pechado según como o sosteña.
Trátase dun instrumento formado por unha fina barra de aceiro cilíndrica, dobrada en forma de triángulo equilátero ou isósceles, aberto en un dos seus vértices. Suspéndese por medio dun cordón, e tócase por medio dunha varilla metálica para certos efectos, e nalgúns casos con unha baqueta de tambor.
Os triángulos musicais miden un aproximado de 16 a 20 cm.
O triangulo deriva do sistro exipcio e chega a Europa na Idade Media. Tocábase tanto percutindo como axitando, xa que tiña uns aneles no lado inferior que o facían soar.
O triangulo deriva do sistro exipcio e chega a Europa na Idade Media. Tocábase tanto percutindo como axitando, xa que tiña uns aneles no lado inferior que o facían soar.
Na idade media o triángulo ocupou un lugar importante nas cerimonias relixiosas, ata que se prohibiu nas igrexas.
Na música profana empregouse para acompañar ós instrumentos de vento (como a frauta).
No hay comentarios:
Publicar un comentario