miércoles, 25 de enero de 2012

5. Vasijas

Dentro das vasijas, atopamos os seguintes instrumentos:
-O cencerro :



É un instrumento que herdado do utilizado co gando. Non é un instrumento afinado, ainda que ao existir diferentes tamaños, danos unha sensación de afinación.
O son que produce o cencerro é estridente e algo tosco, e podemos modificar o seu timbre mediante a percusión cos dedos, ou ben percutindo dentro ou fora do cencerro.
Normalmente fabrícanse en cobre e aceiro e utilizanse disitntos tamaños para conseguir diversos sons dependendo do estilo de música no que sexa utilizado. Pero sexa cal sexa o seu tamaño, o son resultante é sempre indeterminado.
Pódense conseguir catro sons xerais:
-      Son agudo aberto.
-      Son agudo cerrado
-      Son grave aberto
-      Son grave pechado
Para conseguir os sons pechados hai que facer certa presión sobre o instrumento cos dedos índice e corazón. Por outro lado para producir sons abertos non hai que presionar o instrumento. O son grave realizase percutindo o instrumento coa baqueta na parte máis ancha do cencerro. O son agudo conséguese golpeando a baqueta na parte máis estreita.
Os cencerro teñen un papel importante na música latinoamenticana, onde son moi  utilizados. Ademais en certos modelos de batería, o cencerro ten unha participación importante, xa que realiza en certos momentos o ritmo da música.





-A caixa china :



Consiste nun pequeno bloque de madeira  dura, plana , rectangular e valeira. A súa ranura serve como caixa de resonancia. Este instrumento percútese con unha baqueta dura, de madeira ou goma. O son resultante é brillante  e oco.
Existe outro modelo, cilíndrico e de orixe occidental, vacío tamén no seu interior, pero separado no medio por duas ranuras. Este modelo podemolo atopar en dous tonos: alto e baixo, e  frecuentemente chamado como caixa china agogó.









- O temple-bock:


Este instrumento consiste nun bloque  oco de madeira con unha fendidura transversal, a que lle dá maior sonoridade. Para percutilo existe unha grna variedade de baquetas, dende as moi brandas para os sons graves ata as máis duras para os rexistros agudos.
O seu son é redondo e oco, e xeralmente utilizase un xogo de temple-blocks de diferentes alturas .
Estes dous instrumentos pertencen ós tambores de madeira fendida. (temple block e caixa china)

A campá:


A súa  forma é xeralmente de un oco, en forma de platillo, que resoa ao ser golpeado. Este instrumento pode  ter unha lingüeta suspendida  dentro do mesmo, coñecida como badaxo.
Algunhas  campás teñen  o badaxo no seu exterior, normalmente unido a un mecanismo automático. Tamén existen  campás que carecen del, e que se fan resoar mediante un mazo.

As campanillas:



As campanillas  de man son  instrumentos compostos po r unha pequena campá que vai unida a un mango coa que se axita. O seu funcionamento é o mesmo que o das campás.

 
O agogó:



O agogó é una campá simple ou múltiple usada en todo o mundo , moi utilizado nas baterías de samba. Para producir o son deste instrumento hai que percutir con baquetas de madeira nas vocas do agogó.


4. Láminas


Dentro das láminas, atopamos os seguintes instrumentos:

- Litófono:



O litófono é un instrumento bastante rudimentario construído a base de pedras, tal como di a mesma palabra (lito= pedra, fono= sonido). Na antiga cultura china xa se describen os primeiros instrumentos fabricados con pedras. En Europa, non hai constancia dun instrumento similar ata principios do século XX, cando don Antonio Roca idea e constrúe o primeiro litófono moderno da historia.
Este licenciado en Filosofía e Letras natural de Mahón (Menorca), era un apaixonado da música e disfrutaba do chamado oído absoluto. Paseando polas súas terras, deuse conta que o golpear pedras planas de diferentes medidas e grosores cun pau se producían diferentes sons, e así, nace a idea de ordenar un conxunto de pedras co fin de conseguir una escala de sons musicais completa.


- Gong:





Ten orixe oriental, en occidente foi utilizado por primeira vez en Francia.  Trátase dun gran disco metálico (habitualmente, de bronce) cos bordes curvados (xeralmente cara dentro), que se percute cun mazo. O Gong en xeral, suspéndese verticalmente dun soporte.
A maioría teñen unha elevación no centro, situando o punto no que se debe de golpear e será o punto de orixe da vibración que xera o son, polo xeral, grave e lúgubre. Non obstante, a pesar de ser un instrumento relativamente grande, ten moitas posibilidades de matices: dende un pianísimo a un fortísimo.
O gong pode estar afinado ou non, polo que, pode xerar tanto sons determinados como indeterminados.


- Platillos:



Os platos, platillos, címbalos ou cimbales son un instrumento de percusión, consistente nun disco circular cóncavo de metal. O seu centro está aburatado para, en caso dos platos chocados, deixar pasar unha correa de cuero ou de pel, a función da cal, é servir de asas ou abrazadeiras, e fixadas pola súa parte posterior; nos platos suspendidos e nos charles, a utilidade do burato consiste sinxelamente en introducilo no soporte.
Os platos, normalmente, son de unha aleación de bronce ou latón, aínda que, os platos utilizados nas orquestras de certo nivel, construídos dunha mezcla de cobre, prata e estaño. Estes platos son idiófonos que se fan soar entrechocándoos o un co outro, ou percutindoos con baquetas. Son un instrumento de son indeterminado, o que significa que as notas non teñen unha altura definida. O tamaño dos platillos inflúe directamente na sonoridade, a maior tamaño ou grosor maior potencia sonora.

Os platillos descenden dos crótalos, a orixe dos cales, data da Idade Antiga. A popularidade dos platillos chegou co Romanticismo, período no que se introducen na orquestra sinfónica dos exóticos instrumentos propios do folclore turco. Ademais dos platillos, chegaron os triángulos, as pandeiretas e outros instrumentos.
Na música contemporánea, comunmente os platillos encóntranse dentro dunha batería de instrumentos de percusión.


- Tam-tam:



Instrumento musical de percusión, de orixe oriental, formado por un gran disco metálico colgado que sona ao ser golpeado cunha pequena maza.  É un especial tipo de gong, pero diferénciase en que o seu disco é plano, ten unha leve depresión no centro, o seu borde é recurvado só parcialmente e a cara anterior ven martillada irregularmente para asegurar a complexidade do so producido. A cara posterior non se pule nunca.

Blog de interese

3. Tubos

Dentro dos tubos, atopamos as campás tubulares:

As campás tubulares chámanse así porque, o seu son é similar ó de grandes campás das igrexas. A súa invención foi un modo de evitar levar as grandes campás á orquestas.
Estas son dezaoito tubos metálicos (de cobre ou latón) focos que están suspendidos dun armazón. Estes tubos percútense con un ou dous mazos. O tubo sempre é golpeado na súa sección superior. Para deter o son é necesario una barra ou un pedal.
Cada tubo ten distinta lonxitude, para poder ofrecer notas diferentes. Permite a afinación, polo que se trata dun instrumento de son determinado.
Os seus primeiros usos foron dados no século XIX, cando se solicitou a súa participación nas óperas.
A produción deste instrumento disparouse, dada a demanda que se xerou por parte de coleccionistas e outros artistas, que  as incluíron en moitas creacións posteriores.

2. Placas

Dentro das placas, podemos facer dúas distincións:

a) Madeira.
b) Metal.


a) MADEIRA
Dentro das placas de madeira, atopamos os seguintes instrumentos:

- Xilófono
x. contralto

x. baixo

x. soprano




Instrumento musical de percusión formado por unha serie de láminas de madeira de diferentes medidas e ordeadas de forma horizontal a modo de teclas, que se tocan con dúas ou catro baquetas cunha cabeza redonda no extremo.
O xilófono ten un tono máis vivo que a marimba, e as notas sostéñense menos.
Existen tres tipos de xilófonos:
-contralto.
-baixo.
-soprano.



- Marimba


É un instrumento pertencente á familia dos idiófonos percutidos, moi semellante ó xilófono.
Caracterízase por ter unhas láminas de madeira de tamaños diferentes, postas de maior a menor, que se golpean para producir notas musicais. Cada tecla ten a súa propia caixa de resonancia e o conxunto está fixo nun armazón con patas.
A marimba é procedente de Guatemala.


b) METAL
- Metalófono
m. contralto

m. baixo

m. soprano



O seu diseño é similar ao xilófono, aínda que as súas placas están fabricadas con metal. O son producido por estas placas metálicas é de máis duración, polo tanto, a percusión das baquetas ten que ser máis moderada que no xilófono.
Da mesma maneira que co xilófono, temos tres tamaños de metalófonos: contralto, baixo e soprano.


- Carillón
c. contralto

c. soprano
Son instrumentos de láminas máis pequenos que se fabrican con dous rexistros, soprano e contralto. Están formados por unhas finas placas de metal que teñen diferentes lonxitudes, conseguindo así a afinación da escala musical. Percútense coas baquetas de madeira ou de goma.


- Vibráfono


Instrumento musical semellante ao xilófono, pero as láminas son de aleación de aluminio, en lugar de madeira. Estas láminas percútense con baquetas con cabeza de fio, lana o nylon.
O vibráfono é un instrumento de son determinado xa que permite obter notas musicais dunha altura determinada.
  (min. 1:50)

- Celesta


Instrumento musical de composición semellante ao piano, pero cuxos golpeadores activados por teclas percuten a placas de metal en lugar de cordas tensas. Estas placas ao ser percutidas provocan unha resonancia sobre unha caixa de madeira destinada a este fin, producindo así un son “celestial”, do cal provén o seu nome.


- Glockenspiel


Instrumento de percusión idiófono que consiste nun xogo de barras metálicas afinadas. Tamén é coñecido por Lira.
O glockenspiel percútese con baquetas de madeira, de metal ou de plástico. Físicamente é semellante a outros instrumentos de percusión de teclado, coma o xilófono, a marimba ou o vibráfono, aínda que estes dous últimos teñen resonadores inferiores por cada tecla.
A súa sonoridade tímbrica é semellante á do triángulo, pero a diferencia de que o glockenspiel é un instrumento de son determinado: é capaz de producir notas dunha altura determinada.
O instrumento que máis se asemella ó glockenspiel e que ao mesmo tempo descende de él é a celesta, ó que nos referimos anteriormente.
 

O MÉTODO ORFF
O método, ademáis de utilizarse para a ensinanza, tamén se usa en musicoterapia.
Este método consiste nun repertorio no que se introducen os instrumentos de percusión dentro da ensinanza escolar, e fomenta a prosodia, ademáis de utilizar cancións de tradición oral. Nesta obra trabállase cunha escala pentatónica e os sons estúdanse según a secuencia: SOL, MI, LA, DO RE.
Para iniciarse no programa, o alumno empeza interpretando patróns rítmicos sinxelos, ata chegar a interpretar pezas de conxunto cun xilófono, metalófono, glockenspiel e demáis instrumentos de percusión que suelen presentarse en equipos didácticos de distintos niveis para poder usarse por alumnos de diferentes idades.

Instrumentos que pertencen á Escola de Orff
O obxectivo principal ao usar estos instrumentos, é conseguir que os alumnos fagan música, sen ter que pasar polo estudo dos instrumentos “tradicionais” ou formais como son a guitarra, o piano, o violín, etc.
O logro de crear música, dalle ó alumno o gusto pola música, seguridade en sí mesmo, e proporciona psicomotricidade ao seu corpo, entre moitas cousas máis.