miércoles, 25 de enero de 2012

1. Varillas

Dentro das varillas, encontramos o triángulo:


 

O triángulo é un instrumento percutido de metal, pertencente ó grupo dos idiófonos, porque o son  resultante é froito da vibración do metal tras ser golpeado coa baqueta.
O son do triángulo é agudo e de altura indefinida, o que non significa que non xere notas determinadas. O músico pode facer que o son do triángulo sexa aberto ou pechado según como o sosteña.
Trátase dun instrumento formado por unha fina barra de aceiro cilíndrica, dobrada en forma de triángulo equilátero ou isósceles, aberto en un dos seus vértices. Suspéndese por medio dun cordón, e tócase por medio dunha varilla metálica para certos efectos, e nalgúns casos con unha baqueta de tambor.
Os triángulos musicais miden un aproximado de 16 a 20 cm.
O triangulo deriva do sistro exipcio e chega a Europa na Idade Media. Tocábase tanto percutindo como axitando, xa que tiña uns aneles no lado inferior que o facían soar.
Na idade media o triángulo ocupou un lugar importante nas cerimonias relixiosas, ata que se prohibiu nas igrexas.
Na música profana empregouse para acompañar ós instrumentos de vento (como a frauta).

Idiófonos directamente percutidos

Esta entrada está adicada ós instrumentos Idiófonos directamente percutidos, e a continuación explicaremos qué son e por cales están compostos.

Os Idiófonos percutidos son aqueles instrumentos que se percuten para poder producir sons. É un grupo moi variado de instrumentos e clasifícanse no modo de producir as vibracións.
Estes instrumentos poden ser percutidos de formas diferentes utilizando:
- Baquetas
- Escobillas
- Varillas
- Mazas
- Martelos
- Percusión corporal
- Outros...

Dentro dos idiófonos directamente percutidos podemos facer a seguinte clasificación:
1.Varillas
2. Placas
3. Tubos
4. Láminas
5. Vasijas

A continuación pasaremos a falar de cada un deles.

Páxinas de interese:
- http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~41009019/musica/idiofonos.htm
- http://www.e-ducativa.com/DemosContenidos/Demo12/13.htm#

Empezamos con presentacións

Ola, moi boas!! Somos Ana, Janette, María e Katia, e xuntas formamos Música de Cuatro.
 Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que aquí atopedes toda a información que necesitedes, e sobre todo... que nos sigades!!!