Mostrando entradas con la etiqueta varillas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta varillas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de enero de 2012

1. Varillas

Dentro das varillas, encontramos o triángulo:


 

O triángulo é un instrumento percutido de metal, pertencente ó grupo dos idiófonos, porque o son  resultante é froito da vibración do metal tras ser golpeado coa baqueta.
O son do triángulo é agudo e de altura indefinida, o que non significa que non xere notas determinadas. O músico pode facer que o son do triángulo sexa aberto ou pechado según como o sosteña.
Trátase dun instrumento formado por unha fina barra de aceiro cilíndrica, dobrada en forma de triángulo equilátero ou isósceles, aberto en un dos seus vértices. Suspéndese por medio dun cordón, e tócase por medio dunha varilla metálica para certos efectos, e nalgúns casos con unha baqueta de tambor.
Os triángulos musicais miden un aproximado de 16 a 20 cm.
O triangulo deriva do sistro exipcio e chega a Europa na Idade Media. Tocábase tanto percutindo como axitando, xa que tiña uns aneles no lado inferior que o facían soar.
Na idade media o triángulo ocupou un lugar importante nas cerimonias relixiosas, ata que se prohibiu nas igrexas.
Na música profana empregouse para acompañar ós instrumentos de vento (como a frauta).