Mostrando entradas con la etiqueta tubos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tubos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de enero de 2012

3. Tubos

Dentro dos tubos, atopamos as campás tubulares:

As campás tubulares chámanse así porque, o seu son é similar ó de grandes campás das igrexas. A súa invención foi un modo de evitar levar as grandes campás á orquestas.
Estas son dezaoito tubos metálicos (de cobre ou latón) focos que están suspendidos dun armazón. Estes tubos percútense con un ou dous mazos. O tubo sempre é golpeado na súa sección superior. Para deter o son é necesario una barra ou un pedal.
Cada tubo ten distinta lonxitude, para poder ofrecer notas diferentes. Permite a afinación, polo que se trata dun instrumento de son determinado.
Os seus primeiros usos foron dados no século XIX, cando se solicitou a súa participación nas óperas.
A produción deste instrumento disparouse, dada a demanda que se xerou por parte de coleccionistas e outros artistas, que  as incluíron en moitas creacións posteriores.